Westminster
Westminster
Antiga cidade inglesa de Middlesex que constitúe un barrio central de Londres. Arredor da antiga abadía de Westminster reúnense os edificios máis importantes da cidade como o Parliament, Buckingham Palace, Saint James’ Palace, Law Courts, Whitehall ou a National Gallery. Os edificios da abadía (ss XI-XIII) foron iniciados en 1050 por Eduardo III de Wessex. Panteón real, nela coróanse tradicionalmente os reis ingleses. O Parliament é unha reconstrución do s XIX en estilo gótico Tudor. O palacio, a abadía e a igrexa de Saint Margaret’s foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1987).