khoi

khoi
s m [LING]

Lingua do phylum khoisano. Poden distinguirse diversos dialectos: korana, gonaqua e nama. Entre os trazos máis destacables están, na fonética, a presenza de clics e de tons musicais; e na morfoloxía, a existencia de tres xéneros, tres números e tres persoas.