khoisánido -da

khoisánido -da
  1. adx

    Relativo ou pertencente á etnia khoisánida ou aos seus representantes.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo da etnia khoisánida.

  3. etnia khoisánida [ETN/HIST]

    Etnia que habita no deserto de Kalahari nas rexións estépicas veciñas e que está formada por dous grupos de poboacións: os khoikhois (impropiamente chamados hotentotes) e os sans (impropiamente chamados bosquimáns). Os seus representantes son dolicocéfalos ou mesocéfalos, de talla pequena, pel amarela ou parda, cabelos moi crespos, labios carnosos, orellas moi pequenas ás que lles falta o lóbulo, curvatura vertebral á rexión sacrolumbar e sofren de esteatopixia.

Palabras veciñas

khoi | khoikhoi | khoisan | khoisánido -da | Khomeynî, Ru | Khom’akov, Aleksej Stepanovič | Khon Kaen