Khomeynî, Ru
Khomeynî, Ru
(Khomeyn 1.6.1900 - Teherán 24.12.1989) Político e líder relixioso iraní. Líder da comunidade xiíta (ayatollah) desde 1962, as súas críticas contra o sistema do xa provocaron o seu exilio. Desde o desterro conspirou contra a monarquía e converteuse na principal figura do movemento que a fixo caer en 1979. Regresou a Irán, fíxose cargo da xefatura do Estado e proclamou a República Islámica, cunha nova constitución que o nomeaba guía espiritual vitalicio. Mantivo unha política antioccidental e antiimperialista e pulou por estender a revolución islámica aos outros pobos árabes.