khoikhoi
khoikhoi
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo indíxena africano que habitou tradicionalmente na rexión occidental da República Sudafricana. Denominados hotentotes polos colonos europeos de Sudáfrica, presentan vínculos lingüísticos e de tipoloxía física cos san ou bosquimáns. Dedicados á gandería e ao pastoreo, sufriron os ataques dos bantús e entraron en contacto cos colonos holandeses no s XVII, que os exterminaron para apoderarse das súas terras ou os reduciron á escravitude para traballar nas súas granxas. A súa estrutura social articúlase ao redor de dez clans dirixidos por un xefe e un consello elixido por sufraxio masculino. O principal grupo concéntrase nas áreas de estepa ao N do río Orange.
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo khoikhoi.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo khoikhoi.