Konrad, György

Konrad, György

(Debrecen, Hajdú-Bihar 1933) Escritor húngaro. Estudiou na Universidade de Budapest. Xunto ao sociólogo István Szelény preparou o volume Os intelectuais e o poder (1969), polo que foi detido e, posteriormente, expulsado do país. A súa obra ensaística continuou en Antipolítica. Meditacións en Europa Central (1980). É un destacado novelista e, das súas achegas máis importantes, destacan A látogató (O visitante, 1969), A cinkos (O cómplice, 1978) e A városalapító (O fundador de cidades, 1982). En 1991 recibiu o Premio da Paz na Feira de Frankfurt e, desde 1990, foi presidente do PEN Club Internacional.

Palabras veciñas

Konitz, Lee | Konkan | Kono | Konrad, György | Konstantinovka | kontákion* | Konya