Kraus Trujillo, Alfredo
Kraus Trujillo, Alfredo
(Las Palmas 1927 - Madrid 10.9.1999) Tenor. Estudiou en Barcelona, València e Milán, neste último lugar da man da soprano Mercedes Llopart. Debutou no Cairo con Rigoletto (1956) e posteriormente completou unha carreira musical nos mellores escenarios do mundo. Especializouse no repertorio romántico francés (Bizet, Massenet, Gounod, Offenbach), pero tamén destacaron as súas interpretacións de Donizetti e algúns papeis de Verdi. Realizou numerosas gravacións discográficas.