Krebs, Hans Adolf

Krebs, Hans Adolf

(Hildesheim, Baixa Saxonia 1900 - Oxford 1981) Bioquímico. Estudiou medicina, bioloxía e química nas universidades de Göttingen, Friburgo, Múnic e Berlín, onde traballou con Otto Wasburg. Tamén descubriu a importancia dos ácidos tricarboxílicos (cítrico, isocítrico, aconítico) na respiración aeróbica. Profesor en Cambridge, Sheffield e Oxford, os seus estudios sobre o metabolismo intermediario (ciclo do ácido cítrico ou ciclo de Krebs) valéronlle o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1953, compartido con F. A. Lipmann.

Palabras veciñas

krausita | Krebs, ciclo de | Krebs, Edwin | Krebs, Hans Adolf | Krebs, Nikolaus | Krebs, Norbert | Krefeld