Krebs, ciclo de

Krebs, ciclo de
[BIOQ]

Conxunto de reaccións que se producen de maneira cíclica e que teñen como finalidade a degradación de elementos dicarbonados (acetilcoenzima A) que transforman en CO2, con aproveitamento da súa enerxía redutora mediante cadeas respiratorias para levar a cabo a fosforilación oxidativa. A constitución especial deste ciclo permite a interconversión de glícidos, de lípidos e de restos de prótidos, segundo sexan as necesidades do organismo en cada momento. O rendemento enerxético do ciclo pode ser resumido (por mol de acetilcoenzima A) en tres NADH2, unha flavoproteína H2 e un GTP. En total, fórmanse uns 12 moles de ATP por cada mol de acetil-CoA. As outras saídas e entradas do ciclo son, fundamentalmente, o papel do ácido α-cetoglutárico e o ácido succínico como punto final do metabolismo de aminoácidos, o sucinil-CoA como orixe da síntese de porfirinas, a vía do ácido glioxílico e a carboxilación do ácido pirúvico para o enzima málico, que produce ácido oxalacético.

Palabras veciñas

krausismo | krausista | krausita | Krebs, ciclo de | Krebs, Edwin | Krebs, Hans Adolf | Krebs, Nikolaus