Kroeber, Alfred Louis

Kroeber, Alfred Louis

(Hoboken, New Jersey 1876 - París 1960) Antropólogo estadounidense. Profesor na Universidade de California (1901-1946) e director do seu Museo Antropolóxico (1908-1946), estudiou temas tan diversos como o parentesco, o folclore, a arte, a lingüística ou a arqueoloxía. No eido da teoría, tentou atopar regularidades no desenvolvemento das culturas e elaborou a noción de área cultural. Da súa extensa e variada obra, destacan Anthropology (1923), Configurations of Culture Growth (1945) e The nature of Culture (1952).

Palabras veciñas

Krk | Krkonoše | Krleža, Miroslav | Kroeber, Alfred Louis | Kroemer, Herbert | Kroetz, Franz Xaver | Krogh, August