Kroemer, Herbert

Kroemer, Herbert

(Alemaña 1928) Físico. Estudiou na Universidade de Göttingen, onde se licenciou en 1952 en física teórica e onde tamén se doutorou. En 1963 propuxo a configuración dun láser de estado sólido con dobre heteroestrutura, pero non foi ata 1980, cando grazas aos avances tecnolóxicos, se puideron aplicar esas heteroestruturas á fabricación de láseres, transistores, circuítos integrados e outros dispositivos. Traballou tamén en estruturas de semicondutores híbridos e nos fenómenos das correntes de transporte nos semicondutores expostos a campos eléctricos superintensos. En 2000 recibiu o Premio Nobel de Física, xunto con Zhores I. Alfiorov e J. Kilby, polo desenvolvemento de heteroestruturas de semicondutores usados en electrónica e optoelectrónica.