Kroetz, Franz Xaver
Kroetz, Franz Xaver
(Múnic 1946) Dramaturgo alemán. As súas obras están inspiradas no teatro popular e nun cru naturalismo. Refliten, sobre todo, a problemática tanto da clase obreira como do proletariado rural. En Das Nest (O niño, 1975) e Nicht Fisch nicht Fleisch (Nin carne nin peixe, 1981), mostra un realismo semellante ao de B. Brecht. Tamén escribiu Jumbeo-Track (1983) e Der Nusser (1986).