Kupka, František
Kupka, František
(Opočno, Bohemia 1871 - Puteaux 1957) Pintor checo. Establecido en París (1894), foi un dos primeiros artistas en cultivar a abstracción (Fuga en vermello e azul, 1911). Formou parte da Section d’Or e foi fundador do orfismo, con R. Delaunay, e do grupo Abstraction-Création.