Küpper, Christian-Emil-Marie

Küpper, Christian-Emil-Marie

(Utrecht 30.8.1883 - Davos 7.3.1931) Pintor neerlandés. Coñecido como Theo van Doesburg, colaborou con P. Mondrian na investigación da pintura abstracta e na creación do grupo De Stijl e da revista do mesmo nome (1917). En 1926 discrepou de Mondrian e publicou o manifesto do elementarismo, no que defendeu o emprego da composición diagonal do ángulo recto. En 1930 publicou o manifesto Art Concret, no que pasou a denominar arte concreta á arte abstracta. Entre as súas obras teóricas destacan Classique, Baroque, Moderne (1921) e Grundbegriffe der neuen gestaltenden Kunst (Principios fundamentais da nova arte plástica, 1924).

Palabras veciñas

Kupala, Janka | Küpffer, célula de | Kupka, František | Küpper, Christian-Emil-Marie | Kuprin, Aleksandr Ivanovič | Kura | Kurashiki