admiración
admiración
(< admirar)
-
s
f
Emoción producida pola vista, a contemplación, a consideración, dunha persoa ou cousa extraordinaria, marabillosa, dunha gran beleza; sentimento de pracer e aprobación provocado por unha persoa ou cousa que posúe algunha calidade extraordinaria, excelente.
-
s
f
Obxecto de admiración, recoñecemento e aprecio.
Sinónimos: veneración. Antónimos: desdén, desprezo, repulsión, desdén. -
s
f
Impresión positiva ou negativa que se produce na persoa por algo que non se agarda.
Sinónimos: espanto, estrañeza, sorpresa. -
[LING]
Signo ortográfico colocado ao final (...!), por exemplo no inglés e no portugués, ou ben ao principio e ao final (....!), como no caso do galego e do castelán, dunha proposición exclamativa ou dunha interxección.
Ex: Viva Galicia!
Refráns
- A ignorancia é nai da admiración.