anchoa

anchoa

(< lat *apiuva, de aphye< gr ἁφύη ‘anchoa’)

  1. s f [ALIM]

    Bocarte desangrado e adobado con sal, que pode ser envasado posteriormente cuberto de aceite. Ten grande importancia económica dentro da industria conserveira galega e son consumidas en forma de filetes ou de pasta, en ensaladas, entremeses, aperitivos e outros pratos. Tamén se emprega para encher olivas.

  2. s f [ANIMAL/ICT]

    bocarte.

Palabras veciñas

Anchieta, José de | ancho -cha | ancho -cha | anchoa | Anchorage | Anchousa | anchura