andada

andada

(< andar)

  1. s f

    Treito que se percorre camiñando.

    Ex: Foi unha boa andada a que fixemos esta mañá no monte. 

    Sinónimos: andadura, andaina, andanza, camiñada.
  2. s f

    Espacio curto de tempo en que sucede ou se realiza algo.

    Ex: Chegaron todos nunha mesma andada. Entre os dous fixemos o traballo dunha andada.

    Sinónimos: tirada, vez, vez.

Frases feitas

  • Andar en boas andadas irónic. Dedicarse a actividades pouco recomendables. Ex: Ándache en boas andadas, ese teu fillo!

  • Estar ou

  • ir ás andadas Estar moi atarefado andando dun lugar para o outro, por exemplo, facendo recados. Ex: Non poderá visitarnos porque vai ás andadas, sen tempo para nada.

  • Volver ás andadas. Reincidir nos malos costumes ou en actividades ilícitas. Ex: Castigárono no colexio porque volveu ás andadas.

Palabras veciñas

andaboi | andacamiños | andada | andada | Andadeiro | andadeiro | Andadiño