andadura

andadura

(< andar)

  1. s f

    Xeito de moverse unha persoa ou un animal calquera durante a marcha.

    Ex: A súa andadura preocúpame, pode ter a perna mal e non queixarse.

  2. s f

    Maneira rítmica de andar as cabalerías.

    Ex: Na exhibición hípica observamos as fermosas andaduras dos cabalos.

  3. s f

    Acción de percorrer unha distancia ou traxecto.

    Ex: Iniciamos a andadura entre lusco e fusco e percorremos cinco quilómetros.

Palabras veciñas

Andado | andado -da | andador -ra | andadura | andaina | Andaina | andallas