Andaina

Andaina
[PUBLIC]

Revista de pensamento e crítica feminista creada polas organizacións que formaron a Coordinadora Nacional de Organizacións Feministas (CNOF). Naceu a finais de 1982. Nunha primeira fase (1982-1993), editaron 24 números regulares e tres extraordinarios cuns contidos moi ligados ás campañas e debates das organizacións que lle deran pulo. Nesta época incluía o subtítulo de “Revista do movimento feminista”. Nunha segunda etapa, que continúa baixo o epígrafe “Revista Galega de Pensamento Feminista” e un formato de novo deseño, aborda temas de información e reflexión feminista máis diversos que na etapa anterior. A diferenza da primeira época, non mantén ningún vencello organizativo directo, contando con colaboradoras que traballan en distintos eidos da vida social, política e cultural. No seu consello de redacción figuran entre outras Ana Arellano, Nanina Santos e Berta Rey.

Palabras veciñas

andador -ra | andadura | andaina | Andaina | andallas | Andalucía | andalucismo