andalucismo

andalucismo

(< topónimo Andalucía)

  1. s m

    Calidade de andaluz.

  2. s m

    Idiotismo peculiar na fala dos andaluces.

    Ex: A súa fala está ateigada de andalucismos.

  3. s m [LING]

    Palabra ou modismo lingüístico propio do andaluz introducido nunha lingua peninsular, especialmente no castelán, por exemplo juerga.

  4. s m [POLÍT]

    Movemento político que reivindica algunha forma de autogoberno para Andalucía. Xurdiu de elementos da pequena burguesía federal, intelectuais e profesionais opostos á gran burguesía oligárquica e centralista andaluza. Xa en 1883 a Asemblea de Antequera aprobou un proxecto de Constitución para Andalucía. Blas Infante publicou El ideal andaluz (1915), decantado cara á esquerda. No ano 1918, o Congreso de Ronda fixou a bandeira, o himno e o escudo de Andalucía e, no 1930, o Infante creou a Xunta Liberalista, que se esforzou inutilmente por tratar de sacar adiante un Estatuto de Autonomía. En 1973 naceu a Alianza Socialista de Andalucía, que daría lugar ao Partido Socialista de Andalucía. O andalucismo foi asumido polos diferentes partidos do ámbito político andaluz dende o 1977 e, en 1981, foi aprobado o Estatuto de Autonomía.

Palabras veciñas

Andaina | andallas | Andalucía | andalucismo | andalucita | Andalus, Al- | Andalus, Al-