andaina
(< andar)
-
s
f
Camiño longo, que se tarda moito en percorrer ou que é moi dificultoso.
Ex: Esta andaina de hoxe ten que compensarse cunha boa cea.
Sinónimos: andada, andanza, viaxe, andada. -
s
f
Tempo ou espazo que ocupa a duración dunha cousa.
Ex: Ata as vacacións do verán aínda queda unha boa andaina.
Sinónimos: ciclo, período. -
s
f
Tarefa, empresa incerta ou de difícil realización.
Ex: Está comprometido coa andaina dos ecoloxistas.
-
s
f
Grupo de persoas que acadan un título ou posición na mesma quenda.
Ex: Todos os convocados nesta andaina teñen a súa praza segura.
Sinónimos: promoción. -
s
f
Conxunto de persoas que teñen os mesmos anos ou que naceron na mesma época.
Ex: Toda a andaina de escritores dos cincuenta reuniuse nun céntrico hotel.
Sinónimos: xeración.
Frases feitas
-
Chamarse andaina. Non facer caso do que se prometeu ou xurou.
-
Levar andaina. Aplicado ao que ten un longo camiño por percorrer e que tardará moito en volver.