andado -da
andado -da
(< andar)
-
p reg
de andar.
-
adx
Transitado habitualmente.
Ex: É un camiño moi andado por todo tipo de xente.
-
adx
Dise da experiencia que xa se viviu ou dunha materia que se domina.
Ex: Non serás quen de enganalo; xa che ten andado moito nesta vida.
-
adx
Moi gastado debido ao uso.
Ex: A pesar de ter un coche tan andado segue viaxando con el por todo o mundo.
-
adx
Persoas vellas ou de moita idade.
Ex: Custa crer que sexa tan andado con todo o que traballa
-
adx
Aplícase a certos procesos que se encontran en estado avanzado.
Ex: Gracias ó bo tempo, este ano o millo vai ben andado.