calzado -da

calzado -da

(< calzar)

  1. p reg

    de calzar

  2. adx

    Aplícase aos animais que teñen a parte inferior das extremidades dunha cor diferente á do resto do corpo.

    Ex: Na granxa hai tres cabalos calzados e dúas vacas calzadas. 

  3. adx

    Aplícase aos relixiosos das ordes mendicantes que permaneceron na antiga observancia, en oposición aos descalzos.

  4. adx

    Aplícase ás aves que teñen as patas cubertas de plumas.

  5. adx [HERÁLD]

    Aplícase ao escudo dividido por dúas diagonais que, saíndo dos ángulos superiores, están situados na metade da marxe inferior do escudo. O campo é sempre a parte que permanece dentro do triángulo formado polas dúas diagonais.

  6. s m [INDUM]

    Xénero de pezas de vestir utilizado para cubrir e protexer os pés.

    Ex: Merquei calzado deportivo na tenda que inauguraron onte. Moitas enfermeiras cando traballan levan zocos porque é un calzado cómodo. Os montañeiros utilizan unhas botas moi resistentes e illantes como calzado. 

Frases feitas

  • Estar ben calzado. Ter unha boa recomendación ou apoio. Ex: Está ben calzado e vai atopar traballo rapidamente.