calzado -da
(< calzar)
-
(Ourense ? - Madrid 1909) Xornalista e político. Viviu en París, onde tiña negocios na bolsa e na banca francesa e foi presidente do consello de administración da Sociedad General de Anuncios de Madrid. Foi deputado no Congreso. En París editou, entre 1879 e 1882, Los fondos públicos, un xornal de carácter político, literario e económico, La crisis de la Bolsa (1882) e España renaciente (1888).
-
p reg
de calzar
-
adx
Aplícase aos animais que teñen a parte inferior das extremidades dunha cor diferente á do resto do corpo.
Ex: Na granxa hai tres cabalos calzados e dúas vacas calzadas.
-
adx
Aplícase aos relixiosos das ordes mendicantes que permaneceron na antiga observancia, en oposición aos descalzos.
-
adx
Aplícase ás aves que teñen as patas cubertas de plumas.
-
adx
[HERÁLD]
Aplícase ao escudo dividido por dúas diagonais que, saíndo dos ángulos superiores, están situados na metade da marxe inferior do escudo. O campo é sempre a parte que permanece dentro do triángulo formado polas dúas diagonais.
-
s
m
[INDUM]
Xénero de pezas de vestir utilizado para cubrir e protexer os pés.
Ex: Merquei calzado deportivo na tenda que inauguraron onte. Moitas enfermeiras cando traballan levan zocos porque é un calzado cómodo. Os montañeiros utilizan unhas botas moi resistentes e illantes como calzado.
Frases feitas
-
Estar ben calzado. Ter unha boa recomendación ou apoio. Ex: Está ben calzado e vai atopar traballo rapidamente.
Refráns
- Calza como vistas e viste como calces.
- Con solas, pan e yiño ben se pode coller o camiño.
- Inda que as calzo, non as emporcallo / non as lixo.
- O que calza espora, a fibela aforra.