Calzado Sanjurjo,Adolfo
Calzado Sanjurjo,Adolfo
(Ourense ? - Madrid 1909) Xornalista e político. Viviu en París, onde tiña negocios na bolsa e na banca francesa e foi presidente do consello de administración da Sociedad General de Anuncios de Madrid. Foi deputado no Congreso. En París editou, entre 1879 e 1882, Los fondos públicos, un xornal de carácter político, literario e económico, La crisis de la Bolsa (1882) e España renaciente (1888).