certo -ta

certo -ta

(< lat certu)

  1. adx

    Conforme á verdade e que non deixa lugar a dúbidas. Na tradición oral recóllense os seguintes ditos: “Máis vale o certo que o dubidoso. Nunca deixes o certo polo que che ofreza dúbida”.

    Ex: O que nos dixeran non era certo. Existen probas certas de que non sofre a enfermidade. 

  2. adx

    Que ten a seguridade de algo. OBS: Emprégase xeralmente coa construción estar + adx + de.

    Ex: Está certo do que afirma. 

  3. adx

    Que se vai producir. OBS: Emprégase xeralmente coa construción dar por + adx.

    Ex: Deu por certa a súa chegada e non veu o día que acordaran. 

  4. ident

    Que non se expresa aínda que normalmente quen fala si sabe quén ou qué é.

    Ex: É mellor non falar con certas persoas. Certas opinións non se poden ter en conta. 

  5. ident

    Que é difícil de precisar con palabras ou non se sabe con certeza.

    Ex: Tiña certas molestias que non sabía de qué eran. 

  6. ident

    Que se dá en pequena cantidade ou con pouca intensidade.

    Ex: Dálle certo noxo todo o relacionado con ese tema. Mostrou certa incomodidade ante a situación que lle presentaban. 

  7. adv

    Con veracidade.

    Ex: É certo que fuches ó cine? Si, é certo.

Frases feitas

  • De certo. loc adv Con seguridade. Ex: Sei de certo que todo o que me dicías era mentira.

  • Ó certo. Con exactitude.

  • o. A propósito, úsase para pór algo en relación co que se dixo antes.

  • Por cert

Palabras veciñas

certificar | certificatorio -ria | certo -ta | certo -ta | Certon,Pierre | certunio | ceruda