certo -ta
(< lat certu)
-
(? - París 1572) Compositor francés. Discípulo de Josquin des Près, ingresou na Sainte-Chapelle en 1532 e posteriormente elixírono mestre do seu coro. Escribiu misas e motetes e as súas obras máis significativas, inspiradas na monodia e nos ritmos da música popular, pertencen ao xénero da chanson.
-
adx
Conforme á verdade e que non deixa lugar a dúbidas. Na tradición oral recóllense os seguintes ditos: “Máis vale o certo que o dubidoso. Nunca deixes o certo polo que che ofreza dúbida”.
Ex: O que nos dixeran non era certo. Existen probas certas de que non sofre a enfermidade.
-
adx
Que ten a seguridade de algo. OBS: Emprégase xeralmente coa construción estar + adx + de.
Ex: Está certo do que afirma.
-
adx
Que se vai producir. OBS: Emprégase xeralmente coa construción dar por + adx.
Ex: Deu por certa a súa chegada e non veu o día que acordaran.
-
ident
Que non se expresa aínda que normalmente quen fala si sabe quén ou qué é.
Ex: É mellor non falar con certas persoas. Certas opinións non se poden ter en conta.
-
ident
Que é difícil de precisar con palabras ou non se sabe con certeza.
Ex: Tiña certas molestias que non sabía de qué eran.
-
ident
Que se dá en pequena cantidade ou con pouca intensidade.
Ex: Dálle certo noxo todo o relacionado con ese tema. Mostrou certa incomodidade ante a situación que lle presentaban.
-
adv
Con veracidade.
Ex: É certo que fuches ó cine? Si, é certo.
Frases feitas
-
De certo. loc adv Con seguridade. Ex: Sei de certo que todo o que me dicías era mentira.
-
Ó certo. Con exactitude.
-
o. A propósito, úsase para pór algo en relación co que se dixo antes.
-
Por cert