certificar

certificar

(< lat certificāre)

  1. v t
    1. Garantir que algo é verdadeiro.

      Ex: Hai testemuños que certifican o feito.

    2. Declarar unha persoa autorizada nun documento oficial que o que consta nel é certo.

      Ex: O médico certificou que non padecía ningunha enfermidade contaxiosa.

    3. Declarar un documento oficial que o que está escrito nel é certo.

      Ex: Estes diplomas certifican a asistencia a un congreso.

  2. v t

    Enviar por correo un paquete ou unha carta pagando unha tarifa superior á normal, de forma que se obtén un certificado co que se pode acreditar o envío coa seguridade de que o destinatario o vai recibir.

    Ex: Se te matriculas por correo debes certificar o envío dos teus datos.

Conxugar
VERBO certificar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
certifico
certificas
certifica
certificamos
certificades
certifican
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
certificaba
certificabas
certificaba
certificabamos
certificabades
certificaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
certifiquei
certificaches
certificou
certificamos
certificastes
certificaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
certificara
certificaras
certificara
certificaramos
certificarades
certificaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
certificarei
certificarás
certificará
certificaremos
certificaredes
certificarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
certificaría
certificarías
certificaría
certificariamos
certificariades
certificarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
certifique
certifiques
certifique
certifiquemos
certifiquedes
certifiquen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
certificase
certificases
certificase
certificasemos
certificasedes
certificasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
certificar
certificares
certificar
certificarmos
certificardes
certificaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
certifica
-
-
certificade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
certificar
certificares
certificar
certificarmos
certificardes
certificaren
Xerundio certificando
Participio certificado
certificada
certificados
certificadas