1 cen
(< lat centu)
-
cuant
Forma apocopada de cento que equivale a dez veces dez. OBS: Utilízase diante dos substantivos e do cuantificador mil.
Ex: Unha velliña que tiña máis de cen anos bailaba a xota solta. Esa casa de refrescos repartiu cen mil camisetas entre os seus clientes.
-
adx
Que nunha serie ocupa o lugar cen. OBS: Nesta acepción adquire valor de ordinal e, polo tanto, equivale a centésimo.
Ex: No seu primeiro maratón chegou no posto cen.
-
s
m
Representación gráfica dese número. OBS: Na numeración arábiga represéntase por 100 e na romana por C.
Frases feitas
-
Dicir/facer (máis de) cen veces. Moitas veces.
-
1 Ir ou andar á présa ou a moita velocidade. Ex: Sempre vai a cen co coche.
-
2 Facer as cousas dunha forma rápida. Ex: Andou a cen para dar feito todo o traballo.
-
Ir/andar a cen