custa

custa

(< custo)

  1. s f

    Cantidade de cartos que se ten que pagar por unha determinada acción.

    Ex: Non quixo pagar as custas da desfeita. 

  2. s f [DER]

    Conxunto de gastos que orixina a celebración dun proceso xudicial e que deben ser pagados polas partes litigantes. Ordinariamente, as custas do proceso comprenden os honorarios dos procuradores e letrados, os honorarios dos peritos e testemuñas, e os demais gastos producidos durante a tramitación da causa. No procedemento penal, son impostos ao declarado responsable do delito; no civil, como norma xeral, impóñense á parte á que se lle rexeitaron as pretensións.

Frases feitas

  • Á custa de 1 loc prep Cos cartos ou medios da persoa que se expresa. Ex: Realizou a viaxe á custa da empresa.

  • 2 loc prep Co sacrificio ou esforzo da cousa que se expresa. Ex: Tivo un fillo á custa de estar encamada catro meses. Conseguiu ser médico á custa de moito estudiar.

Palabras veciñas

cuspiñeiro | cuspir | cuspir | custa | custar | custeador -ra | custear