custa
(< custo)
-
s
f
Cantidade de cartos que se ten que pagar por unha determinada acción.
Ex: Non quixo pagar as custas da desfeita.
-
s
f
[DER]
Conxunto de gastos que orixina a celebración dun proceso xudicial e que deben ser pagados polas partes litigantes. Ordinariamente, as custas do proceso comprenden os honorarios dos procuradores e letrados, os honorarios dos peritos e testemuñas, e os demais gastos producidos durante a tramitación da causa. No procedemento penal, son impostos ao declarado responsable do delito; no civil, como norma xeral, impóñense á parte á que se lle rexeitaron as pretensións.
Frases feitas
-
Á custa de 1 loc prep Cos cartos ou medios da persoa que se expresa. Ex: Realizou a viaxe á custa da empresa.
-
2 loc prep Co sacrificio ou esforzo da cousa que se expresa. Ex: Tivo un fillo á custa de estar encamada catro meses. Conseguiu ser médico á custa de moito estudiar.