cuspir

cuspir

(< lat conspŭĕre)

  1. v i

    Expulsar saliva da boca. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cuspín ao ceo e caeume na cara. Onde moitos cospen, lama fan. O que mal cospe, en si o ve. Quen mal cospe, dúas veces se limpa. Quen ao ceo cospe, na cara lle cae.”

    Ex: Cuspiulle na cara. Cuspiu porque a saliva lle sabía a fel.

    Sinónimos: chuspir.
  2. v t

    Expulsar algo que se ten na boca.

    Ex: Cando come cereixas sempre cospe as croias.

    Sinónimos: chuspir.
  3. v t

    Botar unha cousa algo que ten no seu interior.

    Ex: O volcán cuspía a lava con moita intensidade.

    Sinónimos: chuspir.
  4. s f pl

    Cantidade de cartos que se ten que pagar por unha determinada acción.

    Ex: Non quixo pagar as custas da desfeita.

  5. s f pl [DER]

    Conxunto de gastos que orixina a celebración dun proceso xudicial e que deben ser pagados polas partes litigantes. Ordinariamente, as custas do proceso comprenden os honorarios dos procuradores e letrados, os honorarios dos peritos e testemuñas, e os demais gastos producidos durante a tramitación da causa. No procedemento penal, son impostos ao declarado responsable do delito; no civil, como norma xeral, impóñense á parte á que se lle rexeitaron as pretensións.

  6. v t

    Ter que pagar un prezo determinado por algunha cousa.

    Ex: Este anel custoume dúas mil pesetas.

    Sinónimos: valer.
  7. v t e i

    Supoñer algo un esforzo, un traballo ou o que se exprese.

    Ex: Custoulle moito traballo aprender a nadar. Custoulle moito tempo acabar a tese de doutoramento.

  8. v t e i

    Ter algo unha consecuencia molesta ou prexudicial.

    Ex: A súa maneira de conducir custaralle a retirada do carné.

Frases feitas

  • Cuspir alto. Gabarse de máis por algo. Ex: Non cuspas tan alto que non eres tan bo como pensas.

  • Cuspir ao ceo. Botar soberbias.

  • Cuspir nun. Tratar mal a alguén física ou moralmente.

  • Cuspirlle na cara a un. Dicirlle a alguén algo directamente, sen andar con rodeos.

  • Facerlle cuspir algo a alguén. Facer que alguén diga algo que quere ocultar.

Palabras veciñas

cuspiñar | cuspiñazo | cuspiñeiro | cuspir | cuspir | custa | custar
Conxugar
VERBO cuspir
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cuspo
cospes
cospe
cuspimos
cuspides
cospen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cuspía
cuspías
cuspía
cuspiamos
cuspiades
cuspían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cuspín
cuspiches
cuspiu
cuspimos
cuspistes
cuspiron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cuspira
cuspiras
cuspira
cuspiramos
cuspirades
cuspiran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cuspirei
cuspirás
cuspirá
cuspiremos
cuspiredes
cuspirán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cuspiría
cuspirías
cuspiría
cuspiriamos
cuspiriades
cuspirían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cuspa
cuspas
cuspa
cuspamos
cuspades
cuspan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cuspise
cuspises
cuspise
cuspisemos
cuspisedes
cuspisen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cuspir
cuspires
cuspir
cuspirmos
cuspirdes
cuspiren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
cuspe
-
-
cuspide
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cuspir
cuspires
cuspir
cuspirmos
cuspirdes
cuspiren
Xerundio cuspindo
Participio cuspido
cuspida
cuspidos
cuspidas