fondo -da

fondo -da

(< lat fundu)

  1. adx

    Que ten profundidade.

    Ex: Fixeron un pozo moi fondo. 

  2. adx

    Que está situado ou penetra moi dentro.

    Ex: O vento arrincou a árbore malia ter as raíces moi fondas. Tiña un corte moi fondo. 

  3. adx

    Aplícase ao terreo que está máis baixo con respecto aos que o rodean.

  4. adx

    Aplícase aos sentimentos ou ideas moi intensos ou elevados.

    Ex: Tiña un fondo pesar pola morte de tantas persoas. 

  5. s m

    Parte inferior, baixa e máis afastada da boca ou do bordo de algo.

    Ex: O arroz pegouse no fondo da ola. Había un furado no fondo do saco polo que caía o gran. 

    Confrontacións: profundidade.
  6. s m

    Superficie sobre a que se sitúa unha masa de auga.

    Ex: Caeu ó fondo do río. 

  7. s m
    1. Parte máis interna dun lugar oposta á entrada.

      Ex: O piano está ó fondo da sala. 

    2. [ESPECT]

      Parte máis interna do escenario, onde tradicionalmente se adoita colgar un decorado ou unha cortina que vai de banda a banda.

  8. s m

    Espacio que separa a parte máis alta da máis baixa dalgunha cousa.

    Ex: As piscina ten un fondo de dous metros. 

    Sinónimos: profundidade, fondura.
  9. s m

    Distancia que hai entre a parte anterior e posterior de algo.

    Ex: O moble ten sesenta centímetros de fondo. A casa ten moito fondo. 

  10. s m
    1. Cor uniforme sobre a que se destaca outra.

      Ex: Comprou un vestido con flores verdes sobre fondo amarelo. 

    2. [PINT]

      Campo dun soporte, ou o soporte mesmo, sobre o que se realiza unha pintura ou un debuxo.

    3. [PINT]

      Plano de cor sobre o que destacan os demais.

    4. [GRÁF]

      Orla fina ou superficie plana que se estampa en cores pálidas para sobreimprimirlle un impreso calquera.

  11. s m

    Conxunto de circunstancias xerais sobre as que se desenvolve algo.

    Ex: A película ten como fondo a marxinación social. 

  12. s m

    Conxunto de calidades morais dunha persoa.

    Ex: No fondo é boa persoa. 

  13. s m Antónimos: forma, forma.
    1. Parte esencial ou fundamental de algo.

      Ex: Hai que ir ó fondo da cuestión. 

    2. Contido dun discurso ou dunha obra.

      Antónimos: forma, forma.
  14. s m
    1. Conxunto de obras publicadas por unha editorial.

    2. Conxunto de elementos documentais que ingresan nun arquivo, biblioteca ou museo, procedentes dunha determinada orixe e que forman un corpo á parte, dentro dun conxunto superior.

  15. s m

    Pouso ou sedimento que se acumula na parte inferior dun recipiente.

    Ex: O fondo do viño non serve para beber.

    Sinónimos: feces, madre, pouso, fondón.
  16. [ANAT]
    1. s m

      Rexión dun órgano situada na parte máis interna ou máis afastada da súa entrada, no caso dunha estrutura oca.

    2. fondo do estómago

      Parte do estómago onde está o cardia.

    3. fondo do ollo

      Parte central da retina.

    4. fondo do útero

      Parte superior do útero.

  17. [DEP]
    1. s m

      Capacidade de resistencia física dun deportista no exercicio da súa especialidade.

    2. probas de fondo

      Probas deportivas, especialmente carreiras, que se practican sobre longas distancias.

  18. [IMAX]
    1. s m

      Imaxe que queda detrás do tema principal dunha fotografía.

    2. fondo neutro

      Fondo que non contrasta coa imaxe do tema principal.

  19. s m [PINT]
    1. Escenario sobre o que se organiza a representación do asunto nunha composición pitórica.

    2. Derradeiro plano dunha representación.

  20. [ECON]
    1. s m

      Capital do que pode dispoñer unha persoa física ou xurídica. OBS: Normalmente úsase en plural.

      Ex: A mala xestión deixou a empresa sen fondos. 

    2. s m

      Cantidade de diñeiro reunida para levar a cabo determinadas actividades económicas.

      Ex: Puxeron un fondo para a compra do regalo. 

    3. fondos de amortización

      Parte dos beneficios non distribuídos da empresa que esta destina á amortización do capital fixo.

    4. fondos de comercio

      alores que se atribúen aos activos inmateriais dun establecemento comercial (situación, clientela, reputación) e que se engade ao valor dos activos materiais á hora da valoración do establecemento.

    5. fondos de pensións

      Patrimonio acumulado por un conxunto de persoas coa finalidade de pagar prestacións aos seus participantes cando se xubilen na forma, cantidade e periodicidade que previamente teñan establecido.

    6. fondos de reserva

      Parte dos beneficios non distribuídos da empresa que esta destina a gastos específicos, como novos investimentos e previsión de impostos.

    7. fondos de investimento

      Institucións de investimento colectivo con personalidade xurídica propia que teñen por obxecto a propiedade compartida de activos con fins lucrativos. Existen tres tipos: os fondos de investimento mobiliario, dedicados a valores mobiliarios; os fondos de investimento en activos do mercado monetario, que invisten en activos financeiros a curto prazo; e os fondos de investimento inmobiliario, con investimento en bens inmobles.

    8. fondos públicos

      Títulos ou efectos da débeda pública emitidos polo Estado ou por outra entidade de carácter público, que son negociados en Bolsa.

    9. fondos reservados

      Diñeiro do que dispoñen algunhas instancias das administracións públicas para gastos non xustificados.

  21. s m [MÚS]

    Xogos principais do órgano, de 16’, 8’ e 2’. O nome provén da súa función de base sonora.

  22. s m [MAR]

    Parte dunha embarcación que queda debaixo da auga.

  23. s m

    Parte exterior e inferior dun vehículo.

    Ex: O coche ten os fondos oxidados. 

  24. s m

    Parte ou bordo inferior dunha peza de roupa.

    Ex: Esfiañou os pantalóns polos fondos. 

  25. [XEOG]

    Superficie sólida sobre a que está ou circula a auga do mar. Aplícase a profundidades superiores aos 2.000 m. É irregular e accidentado por formas téctónicas, de erosión e de acumulación, agás nas chairas abisais.

Frases feitas

  • A fondo loc adv De forma exhustiva.

  • A fondo perdido. Sen esperanza de recuperalo.

  • De fío a fondo. Do principo ao final.

  • No fondo. No esencial.

  • Non ter fondo. Non acabar nunca.

  • Ser un saco sen fondo. Non se dar saciado nunca. Ex: Comendo e bebendo é un saco sen fondo.

  • Varrer os fondos. Acabar coa pesca dun lugar.