pagar
(< lat pacāre)
-
v t
Entregar unha cantidade de diñeiro determinada ou algunha outra cousa a cambio dun traballo, un servizo recibido ou algunha outra cousa.
Ex: Pagou a cea de todos. Pagou 120 euros por uns zapatos. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Pagou e marchou. Os xubilados non pagan no autobús. Páganlle por non traballar. Na tradición oral recóllense ditos como: “Traballo feito, traballo pagado. Ao comer as morcillas, rin a nai e as fillas; e ao pagar, todas son a chorar. Paga o que debes é saberás do mal que padeces. O que debía e pagou tiña dor e sandou. O que paga criados e non os vai ver, que venda o que ten para podelos manter”.
Antónimos: cobrar. -
v t
Corresponder a un sentimento, unha actitude, un feito ou calquera outro beneficio que se recibe dunha persoa.
Ex: Todas as atencións que tiveron con el pagoullas con desprezo. Mirou moito por el, pero tamén llo pagou buscándolle un traballo. OBS: Nesta acepción omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Así é como lle pagas a teu pai? Na tradición oral recóllense ditos como: “Con amor págase amor. Unha obra págase con outra. Moitas veces págase unha obra boa con outra mala”.
Confrontacións: agradecer, premiar, recompensar. -
v t
-
Sufrir a pena ou o castigo imposto por algún erro, falta ou delito.
Ex: Pagará o seu crime con dez anos de cárcere. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Pagará polo que fixo coa expulsión do centro.
-
Sufrir as consecuencias de algo.
Ex: O seu corpo pagou os esforzos de cando era novo. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Non é xusto que pagues ti por todos. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ninguén as faga, que tarde ou cedo se pagan. Quen o fai que o pague. Non hai quen faga mal, que despois non o veña pagar”.
-
-
v t
Cubrir os gastos de algo que se ofrece a alguén.
Ex: Vaite á viaxe que cha pago eu.
Sinónimos: custear, sufragar. -
v pron
Ter en moi alta consideración o mérito propio, os eloxios recibidos ou calquera outra cousa facendo ostentación deles.
Ex: Non fai máis que pagarse dos coches que ten.
Frases feitas
-
Deus cho pague. Expresión de agradecemento.
-
Pagala(s). Expresión coa que se manifesta a alguén o desexo de vinganza. Ex: Vas pagalas todas xuntas.
-
Pagar a escote. Dividir o custo dunha cousa a partes iguais entre varias persoas.
-
Pagar a pena. Compensar algo o esforzo e o traballo que require.
-
Pagar a visita. Corresponder co mesmo.
-
Pagar na man/sen delonga/ao/ó/ de contado. Pagar algo no momento.
-
Pagar na/coa mesma moeda. Responder a algo co mesmo.
-
Pagar por si. Recibir castigo polas propias culpas. Ex Cada un paga por si.
-
Pagar caro (algo). Conseguir algo con moito traballo e sufrimento.
-
Pagar feito e por facer. Recibir as culpas do que se fai e tamén do que non fan outros.
-
Pagar xustos por pecadores/Pagar polos demais. Cargar coas culpas de algo unha persoa inocente.
Palabras veciñas
Pagano, Francesco Mario | Pagano, Giuseppe | pagar | pagar | Pagases | Page, Geraldine Sue | PagellusIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles pago
pagas
paga
pagamos
pagades
pagan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles pagaba
pagabas
pagaba
pagabamos
pagabades
pagaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles paguei
pagaches
pagou
pagamos
pagastes
pagaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles pagara
pagaras
pagara
pagaramos
pagarades
pagaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles pagarei
pagarás
pagará
pagaremos
pagaredes
pagarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles pagaría
pagarías
pagaría
pagariamos
pagariades
pagarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles pague
pagues
pague
paguemos
paguedes
paguen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles pagase
pagases
pagase
pagasemos
pagasedes
pagasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles pagar
pagares
pagar
pagarmos
pagardes
pagaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
paga
-
-
pagade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles pagar
pagares
pagar
pagarmos
pagardes
pagaren
pagada/paga
pagados/pagos
pagadas/pagas