Abbevillense
Abbevillense
(< Abbeville)
[PREHIST]
Tecnocomplexo do Paleolítico inferior que toma o nome do xacemento de Abbeville, desenvolveuse durante un período interglaciar cálido. Caracterízase por un tipo de biface tallado por percusión dura e dorminte. Na actualidade emprégase este nome polo de Chelense, que era máis habitual entre os investigadores da primeira metade do s XX. En Europa, precede cronoloxicamente ao Acheulense.