abertura
(
-
s
f
Acción e efecto de abrir ou abrirse.
Ex: A abertura dunha nova canle de comunicación vai ampliar a visión informativa dos espectadores.
-
s
f
Separación entre dúas cousas próximas, entre dúas partes dunha mesma cousa ou espazo baleiro nun corpo que deixa un oco entre elas e permite o paso a través das mesmas.
Ex: Ese caldeiro perde auga pola abertura que ten no fondo. Os bombeiros tiveron que facer unha abertura na parede do edificio para rescatar os superviventes.
Confrontacións: buraco, fenda, greta, regaña, buraco. -
s
f
[BOT]
Poro xerminativo dos grans de pole por onde xorde o tubo polínico.
-
s
f
[CONSTR]
Espacio baleiro ou desocupado, situado nunha parede ou construción, que dá paso a un lugar ou permite a entrada da luz.
Ex: Están proxectadas dez aberturas para esa casa nas que se colocarán outras tantas ventás.
-
s
f
[FÍS]
Magnitude que mide a dimensión dos feixes de luz que, procedente do obxecto, penetran nun instrumento óptico. Nos telescopios e nas cámaras fotográficas, ten moito interese a abertura relativa, é dicir, o coeficiente d/f entre o diámetro d da pupila de entrada e a distancia focal f. Nos microscopios emprégase a abertura numérica.
-
s
f
[HIST/DER]
Nos ss XI, XII e XIII, consistía en devolver o feudo en poder do señor alodiario en caso de queixa, ou ben sen ela se a infracción habida non tivera perdón ou esmena.
-
s
f
[LING]
Treito articulatorio que se refire á distancia intermaxilar ou linguopalatal e que se emprega como característica relevante para cualificar os fonemas dunha lingua segundo o seu modo de articulación.
-
s
f
[MAT]
Grao de diverxencia dos costados dun ángulo, dun compás, etc.