abetouro
abetouro
(< fr butor < latbūtio + taurus ‘touro’ ?)
-
m
[ANIMAL/ORNIT]
Ave duns 76 cm de lonxitude, de plumaxe castaña pinta e riscada de escuro, patas longas e de cor verde, cunha voz semellante ao muxido dun boi. É de hábitos crepusculares e vive en humidais con grandes extensións de vexetación palustre. Repartida polo Paleártico, inverna na África tropical e Asia meridional. Na Península a maioría das parellas localízanse na albufeira de Alcúdia, no delta do Ebro e nos humidais do Empordá. En Galicia só está rexistrada como aniñadora nas Ribeiras do Louro.
-
abetouro americano
Ave duns 66 cm de lonxitude, de aspecto moi semellante ao abetouro común. Propia de Norteamérica, aparece como divagante en Galicia e noutros puntos de Europa occidental.