Abraldes

Abraldes
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe orixinaria de Compostela que tamén pode aparecer coa variante Abraldez. Foron señores xurisdicionais da torre e pazo de Guimarães, da Casa Branca e Torre de Arins, da Granxa do Sol e das xurisdicións de San Mamede de Ribadulla e San Cristovo de Mirín, entre outras. Esta estirpe emparentou con numerosas e nobres casas de Galicia e Castela: duques de Alba, Medina das Torres, Gandía, Alcalá, Galisteo e Tamames; marqueses de Vilamaior, Scala, Cerralbo e Montesacro; condes de Ramiráns, Oropesa, Altamira, Deleitosa, Pardo Bazán, Torres de Cela, Vilagonzalo, Puñoenrostro, Torres Vedras e Borraxeiros; vizcondes de Fefiñáns e de Valduerna. As primitivas armas dos Abraldes levan sete escaques como na casa orixinaria de Santiago e Cambados. Outras traen, en campo de prata, unha cruz baleira de goles semellante á de Calatrava; bordo de prata, con oito escudiños de azur, cargado cada un de cinco bezantes de prata postos en aspa, que son as quinas de Portugal.