abrasador -ra

abrasador -ra

(< abrasar)

  1. adx

    Que queima dun xeito intenso.

    Ex: Os fogóns da cociña de leña estaban abrasadores despois de estar prendida durante todo o día.

    Sinónimos: abrasante, ardente.
  2. adx

    Que sufoca, que afoga por mor da calor existente.

    Ex: En agosto en Andalucía fai unha calor abrasadora.

    Sinónimos: sufocante.

Palabras veciñas

Abrantes, ducado de | Abrantes, duquesa de | abraquia | abrasador -ra | abrasante | abrasar | Abrasax