abrasar

abrasar

(

  1. v t

    Converter en brasa ardente.

    Ex: Os pirómanos abrasaron os montes do Morrazo.

    Sinónimos: calcinar, queimar.
  2. v t e i

    Comunicar unha calor ardente.

    Ex: O reflexo da neve abrasou os alpinistas. A cafeteira abrasaba e non puiden servir o café.

    Sinónimos: aburar, queimar.
  3. v t

    Gastar sen control e aniquilar os bens propios ou dunha comunidade.

    Ex: Nunha semana abrasaron os cartos de todo un mes.

  4. v t

    Enfadar ou molestar a algunha persoa.

    Ex: Durante toda a mañá abrasoume coa súa actitude tan intransixente.

    Sinónimos: amolar, enfastiar.
  5. v t

    Murchar as plantas polo exceso de calor ou de frío.

    Ex: O sol abrasa as roseiras do balcón.

    Sinónimos: agostar, muchar, murchar.
  6. v pron

    Entregarse aos ardores dunha paixón.

    Ex: Non sabía por qué pero o desexo desa última relación abrasáballe.

  7. v pron

    Sufrir alguén queimaduras.

    Ex: A herba abrasouse co lume do incendio.

Palabras veciñas

abraquia | abrasador -ra | abrasante | abrasar | Abrasax | abrasímetro | abrasión
Conxugar
VERBO abrasar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abraso
abrasas
abrasa
abrasamos
abrasades
abrasan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abrasaba
abrasabas
abrasaba
abrasabamos
abrasabades
abrasaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abrasei
abrasaches
abrasou
abrasamos
abrasastes
abrasaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abrasara
abrasaras
abrasara
abrasaramos
abrasarades
abrasaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abrasarei
abrasarás
abrasará
abrasaremos
abrasaredes
abrasarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abrasaría
abrasarías
abrasaría
abrasariamos
abrasariades
abrasarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abrase
abrases
abrase
abrasemos
abrasedes
abrasen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abrasase
abrasases
abrasase
abrasasemos
abrasasedes
abrasasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abrasar
abrasares
abrasar
abrasarmos
abrasardes
abrasaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
abrasa
-
-
abrasade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abrasar
abrasares
abrasar
abrasarmos
abrasardes
abrasaren
Xerundio abrasando
Participio abrasado
abrasada
abrasados
abrasadas