abrollar

abrollar

(< abrollo)

  1. v i [BOT]

    Botar as plantas e as árbores gromos ou abrochos.

    Sinónimos: abotoar, afillar, agomar, agromar, brotar, gomar, rebentar, xermolar.
  2. v i

    Manifestarse algo, saír cara a fóra ou comezar a nacer.

    Ex: Coa chegada da primavera abrollan os vultos da alerxia no meu corpo.

    Sinónimos: brotar, xurdir.
  3. v i
    1. Manar auga dun manancial.

      Sinónimos: brotar, xurdir. Confrontacións: ameter, burbullar.
    2. Manar un fluído corporal como as bágoas ou o sangue.

      Ex: Ó recibir a boa nova abrolláronlle as bágoas nos seus ollos.

      Sinónimos: brotar, xurdir.
  4. v i

    Colleitar o mel dos cortizos.

  5. v i

    Manifestarse de xeito inesperado ou de súpeto algo material ou inmaterial.

    Ex: Abrollou no seu maxín a idea de matalo.

    Sinónimos: brotar, xurdir.

Palabras veciñas

abroita | abrollado -da | abrollador -ra | abrollar | Abrolleira | Abrollido | abrollo
Conxugar
VERBO abrollar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abrollo
abrollas
abrolla
abrollamos
abrollades
abrollan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abrollaba
abrollabas
abrollaba
abrollabamos
abrollabades
abrollaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abrollei
abrollaches
abrollou
abrollamos
abrollastes
abrollaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abrollara
abrollaras
abrollara
abrollaramos
abrollarades
abrollaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abrollarei
abrollarás
abrollará
abrollaremos
abrollaredes
abrollarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abrollaría
abrollarías
abrollaría
abrollariamos
abrollariades
abrollarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abrolle
abrolles
abrolle
abrollemos
abrolledes
abrollen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abrollase
abrollases
abrollase
abrollasemos
abrollasedes
abrollasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abrollar
abrollares
abrollar
abrollarmos
abrollardes
abrollaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
abrolla
-
-
abrollade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abrollar
abrollares
abrollar
abrollarmos
abrollardes
abrollaren
Xerundio abrollando
Participio abrollado
abrollada
abrollados
abrolladas