absoluto -ta

absoluto -ta

(< lat absolūtu p p deabsolvĕre)

  1. adx

    Que non implica restrición, limitación ou condición.

    Ex: O meu pai tiña poder absoluto sobre o patrimonio do seu pai.

    Sinónimos: total.
  2. adx

    Que exclúe toda relación con outra cousa, considerado en si mesmo.

    Ex: Tiña a absoluta certeza da súa fidelidade.

  3. adx

    Que non tolera oposición.

    Ex: Meu irmán é unha persoa absoluta, non admite que ninguén pense de distinto xeito ca el.

  4. s m [FILOS]

    Designa, por oposición ao fenómeno ou apariencia, o ser, a cousa en si -tal e como existe en si mesma, con independencia do coñecemento que se poida ter dela-. A tradición filosófica occidental, sobre todo a idealista, desígnao de diferentes xeitos: Idea (idealismo absoluto); Eu (Fitche); Espírito (Hegel), que se caracterizan por reabsorber ou subsumir todos os momentos parciais do real.

  5. s m [INFORM]

    Camiño ou ruta a través de directorios que debe percorrer unha aplicación para recuperar os datos arquivados nun ficheiro.

  6. [LING]
    1. adx

      Dise da forma, uso ou significación autosuficiente ou non relacionada con ningunha outra.

    2. construcción absoluta

      Construción formada por un substantivo e un participio que concorda con el, coma un inciso, desligada gramaticalmente do resto da frase, á que engade xeralmente determinacións de tipo instrumental, temporal ou outras.

    3. forma absoluta

      Forma fonética considerada illadamente do contexto, sen sufrir as modificacións normais no curso da cadea fónica.

    4. posición absoluta

      Posición dun son que interrompe unha pausa longa ou que a precede inmediatamente.

    5. verbo absoluto

      Verbo ser, empregado sen atributo.

  7. adx [QUÍM]

    Substancia química líquida en estado puro ou de concentración moi alta.

  8. adx [FÍS]

    Estimación dunha magnitude medida a partir do valor cero da mesma.

  9. estado absoluto [MAR]

    Diferencia entre a hora do primeiro meridiano e a do cronómetro maxistral de a bordo.

  10. valor absoluto [MAT]

    Función que asigna a cada número real a o maior dos dous números a e -a : | a | = máx (a, -a).

Frases feitas

  • En absoluto loc adv Completamente, de ningunha maneira.

Palabras veciñas

absolución | absolutismo | absolutista | absoluto -ta | absolutorio -ria | absolvemento | absolver