absolución

absolución

(< lat absolutĭōne)

  1. s f

    Acción e efecto de absolver.

    Ex: O avogado de Martiño sabe que é moi difícil conseguir a súa absolución.

    Sinónimos: exculpación, redención. Antónimos: condena. Confrontacións: condonación.
  2. [DER]
    1. s f

      Resolución xudicial pola cal se decide a non actuación da pretensión punitiva e a de resarcimento, no seu caso. Dedúcese polas partes acusadoras porque o feito xulgado non é constitutivo de delito ou porque non existe relación entre este e o imputado, ou ben por insuficiencia de probas ou por concorrencia de causas de inimputabilidade, xustificación ou excusa absolutoria.

    2. absolución da demanda

      Feito de ditar o xuíz ou tribunal, nun pleito civil, sentenza denegatoria de todas as peticións efectuadas polo actor no seu escrito inicial ou demanda.

    3. absolución de peticións

      Declaración perante o xuíz e baixo xuramento á que está obrigado todo litigante, acerca das preguntas formuladas por outro litigante, previa aprobación destas polo xuíz dentro da proba de confesión en xuízo.

    4. absolución libre/libre absolución

      Resolución dun proceso xudicial cun pronunciamento que declara inocente ao acusado, eximíndoo de toda condena.

  3. [RELIX]
    1. s f

      Acción de perdón dos pecados, dada polo sacerdote en nome da comunidade eclesiástica despois dun acto sacramental de penitencia, xa sexa individual, cunha confesión oral, ou colectiva.

      Ex: Moribundo na cama pediulle ó cura a absolución de todos os seus pecados.

    2. absolución xeral

      Absolución outorgada, en forma deprecatoria, despois dunha confesión xenérica ou despois dun acto penitencial feito en comunidade; ten valor sacramental.

Palabras veciñas

absintio | absinto | absolto -ta | absolución | absolutismo | absolutista | absoluto -ta