absolución
(< lat absolutĭōne)
-
s
f
Acción e efecto de absolver.
Ex: O avogado de Martiño sabe que é moi difícil conseguir a súa absolución.
Sinónimos: exculpación, redención. Antónimos: condena. Confrontacións: condonación. -
[DER]
-
s
f
Resolución xudicial pola cal se decide a non actuación da pretensión punitiva e a de resarcimento, no seu caso. Dedúcese polas partes acusadoras porque o feito xulgado non é constitutivo de delito ou porque non existe relación entre este e o imputado, ou ben por insuficiencia de probas ou por concorrencia de causas de inimputabilidade, xustificación ou excusa absolutoria.
-
absolución da demanda
Feito de ditar o xuíz ou tribunal, nun pleito civil, sentenza denegatoria de todas as peticións efectuadas polo actor no seu escrito inicial ou demanda.
-
absolución de peticións
Declaración perante o xuíz e baixo xuramento á que está obrigado todo litigante, acerca das preguntas formuladas por outro litigante, previa aprobación destas polo xuíz dentro da proba de confesión en xuízo.
-
absolución libre/libre absolución
Resolución dun proceso xudicial cun pronunciamento que declara inocente ao acusado, eximíndoo de toda condena.
-
s
f
-
[RELIX]
-
s
f
Acción de perdón dos pecados, dada polo sacerdote en nome da comunidade eclesiástica despois dun acto sacramental de penitencia, xa sexa individual, cunha confesión oral, ou colectiva.
Ex: Moribundo na cama pediulle ó cura a absolución de todos os seus pecados.
-
absolución xeral
Absolución outorgada, en forma deprecatoria, despois dunha confesión xenérica ou despois dun acto penitencial feito en comunidade; ten valor sacramental.
-
s
f