absorción

absorción

(

  1. s f

    Acción de absorber.

    Ex: A absorción de todas as funcións nunha soa persoa trae como consecuencia a insatisfacción dos demais.

    Sinónimos: absorbencia.
  2. s f [QUÍM/FÍS]

    Penetración dunha substancia no seo doutra a nivel molecular, con formación dunha solución, dun complexo de inclusión ou dunha verdadeira combinación química. O caso máis frecuente é o da absorción dun gas ou vapor por un líquido.

  3. s f [FÍS]

    Transferencia de enerxía entre dous sistemas mecánicos oscilatorios.

  4. [FISIOL]
    1. s f

      Función propia dos organismos vivos que consiste na penetración ao medio interno, intracelular ou extracelular, de substancias procedentes do medio externo. Efectúase por medio de fenómenos eléctricos, de membrana, de tensión superficial, de presión osmótica, etc. Segundo os casos cómpre distinguir entre absorción por difusión simple, difusión facilitada ou transporte activo.

    2. s f

      Incorporación, a través dos pelos absorbentes, de auga con elementos nutritivos minerais disoltos. A absorción pasiva débese á presión negativa producida pola transpiración; e a absorción activa, menos importante, resulta das propiedades osmóticas das células radiculares.

    3. absorción cutánea

      Paso de certas substancias disoltas a través da pel.

    4. absorción dixestiva

      Incorporación ao sangue ou á linfa dos produtos procedentes da dixestión como a auga, sales minerais, aminoácidos, ácidos graxos, monosacáridos e outros; fundamentalmente, prodúcese a través das pilosidades intestinais e secundariamente, a través da mucosa gástrica e do intestino groso.

    5. absorción respiratoria

      Paso do osíxeno ou doutro gas, a través dun epitelio respiratorio pulmonar, branquial ou cutáneo.

  5. s f [MED]

    Propiedade que posúen determinados medicamentos e algúns tecidos de permitir a penetración de substancias exteriores, disoltas ou aeriformes, e de retelas no seu interior.

  6. s f [LING]

    Fenómeno fonético polo cal un fonema vocálico desaparece ao incorporarse a un son consonántico veciño.

  7. s f [ECON]

    Fusión de empresas na que a dominante fai desaparecer a personalidade xurídica independente das outras, ao englobalas dentro da estrutura propia.

  8. absorción acústica [FÍS]

    Perda de enerxía das ondas sonoras cando atravesan un medio ou se dispersan ao incidir sobre a superficie de separación de dous medios.

  9. absorción de calor [FÍS]

    Intercambio de calor e de traballo entre dous sistemas, especialmente en termodinámica.

  10. absorción das radiacións [FÍS]

    Perda de intensidade dun feixe de radiacións ou partículas, producida ao atravesar un medio absorbente.

  11. absorción dieléctrica [FÍS]

    Fenómeno segundo o cal determinados dieléctricos conservan unha certa carga eléctrica residual despois de ter estado descargados.

  12. absorción iónica [FÍS]

    Perda de enerxía experimentada polas ondas hertzianas a causa do choque cos ións da atmosfera.

  13. absorción por resonancia [FÍS]

    Absorción máxima producida cando a enerxía da radiación incidente dá lugar a un máximo de interaccións coa materia.

  14. absorción selectiva [FÍS]

    Absorción que unha substancia exerce sobre determinadas radiacións.

  15. axente de absorción [QUÍM/IND]

    Substancia absorbente das radiacións ultravioletas que, ao ser engadida a un produto, o protexe das devanditas radiacións e evita a súa degradación fotoquímica.

  16. capacidade de absorción [IND]

    Aptitude dun papel para absorber líquidos nun tempo dado.

  17. coeficiente de absorción [FÍS]

    Magnitude característica dun medio para unha frecuencia ou enerxía da radiación que lle incide.

  18. liña de absorción [FÍS]

    Raia escura dun espectro de absorción.