absorto -ta

absorto -ta

(< lat absorptu)

  1. p irreg

    de absorber.

  2. adx

    Persoa que ten o ánimo suspendido diante dunha cousa extraordinaria.

    Ex: Quedaron absortos ante a reacción da súa familia.

  3. adx

    Que está concentrado nunha determinada cousa (actividade, pensamento, etc) e non presta atención a nada máis.

    Ex: Estaba tan absorta nos seus pensamentos que non se decatou da miña presencia.

Palabras veciñas

absorciómetro | absorción | absortividade | absorto -ta | abstand* | abstemio -mia | abstención