abstención
abstención
(
-
s
f
Acción e efecto de absterse de calquera cousa.
Ex: Nunca participaba en ningunha discusión, o seu lema era a abstención ante calquera enfrontamento.
Sinónimos: abstinencia. Antónimos: participación. -
s
f
[DER]
Feito relacionado con non exercer o dereito de voto.
Ex: As poucas mans alzadas na asemblea reflectían unha ampla abstención dos estudiantes reunidos.
-
s
f
[DER]
Separación obrigatoria dun xuíz do coñecemento dunhas actuacións polo feito de considerar que concorren motivos de recusación legalmente establecidos como parentesco, amizade, relación profesional, inimizade ou oposición xurídica.
-
beneficio de abstención
[DER]
Facultade concedida aos herdeiros, sui et necessarii, de absterse de aceptar a herdanza, a condición de que antes non realizasen actos considerados incompatibles co posterior exercicio deste dereito.