abstinencia

abstinencia

(

  1. s f

    Acción de absterse ou abster.

    Sinónimos: abstención.
  2. s f

    Actitude que consiste en absterse dos praceres materiais.

    Ex: Agora que chega o verán, vou rematar coa abstinencia de non ir de vacacións.

  3. s f [RELIX]
    1. Privación dun pracer ou dun manxar, especialmente de carne, en cumprimento dun precepto relixioso ou dun voto especial.

      Sinónimos: vixilia.
    2. Precepto da Igrexa Católica referente á abstención de comer carne ou derivados da carne en determinados días do ano, principalmente os venres durante a Coresma.

      Sinónimos: vixilia.
  4. síndrome de abstinencia [PAT]

    Conxunto de síntomas que aparecen ao interromper a administración dunha determinada substancia, á que unha persoa desenvolvera adicción e tolerancia por un consumo habitual.

  5. teoría de abstinencia [ECON]

    Teoría económica formulada por M. W. Senior e a escola de economía vulgar, que considera a abstinencia como requisito para a acumulación do capital.

Refráns

  • Deixa a carne un mes, que ela te deixará a ti tres.
  • Mesa posta; mesa erguida, que o moito comer fai doer a barriga.