abstinente
(< lat abstĭnente p presde abstinĕre)
-
adx
Que se abstén.
-
adx
Que practica a abstinencia.
-
adx
[RELIX]
-
Que respecta e observa as abstinencias impostas por preceptos relixiosos.
-
Designación que recibían na Igrexa primitiva os homes e mulleres que se abstiñan do matrimonio e de calquera relación sexual como vieiro para o perfeccionamento relixioso.
-
-
s
m pl
[HIST/RELIX]
Corrente gnóstica que se caracterizaba fundamentalmente polo desprezo do mundano, do alimento e do matrimonio como feitos demoníacos que, dun xeito ou doutro colaboraban na suxeición da alma á prisión opresiva da materia. O agnosticismo foi documentado na Aquitania, nas Galias e na Hispania por Filastro de Brescia a finais do s IV. Por fontes priscilianistas, sábese da presencia en Galicia dunha comunidade quase-abstinente composta por cregos e leigos, homes e mulleres, mesmo parellas, dedicados á práctica ascética. Defendían o xaxún non preceptivo, a lectura pía e a oración. Ademais, pénsase que non consumían carne e celebraban conciliábulos nocturnos.