abstracción
abstracción
(< lat tardío abstractĭōne)
-
s
f
Acción e efecto de abstraer ou abstraerse.
Ex: Para entender a certos filósofos precísase un elevado índice de abstracción.
-
s
f
Algo que é resultado da imaxinación e que non ten contacto coa realidade obxectiva.
Ex: Para alguén que non ten cartos unha viaxe polo Caribe é pura abstracción.
-
s
f
[FILOS]
Proceso mental mediante o cal certos elementos constitutivos dunha realidade concreta son separados dos outros e considerados illadamente. Máis particularmente, chamase así o proceso que separa os aspectos accidentais, individuais ou continxentes dos esenciais, universais ou necesarios.